Carreira de O Pino. Listado de inscritos

25 atletas do Sar-Vermú Petroni participarán este domingo na carreira de O Pino, onde haberá premios económicos por clubes

 

Subcampións na Maratón de A Coruña

O clube Sar-Vermú Petroni acadou o subcampionato galego de maratón por clubes que se celebrou na Coruña, ali estivemos representados por un gran equipo formado por Ruben Caamaño que foi 4º na xeral e 1º Senior, Anxo Maceiras 11º e 5º Vet2, Paco Sanmarco 86º e 4ºVet4, e Elena Miguéns 429 e 4ª Vet3. Ademais tamén estiveron na saída Manute que se atopaba moi mermado e Avelino que o intentou ata o km 39. Parabéns

Na carreira de 10K participou Xose Leis, onde o corredor de A Baña foi 14º na xeral e 1ºVet3

14 Jose Suarez Leis Masculino Veterano 3 1 00:22:05

Clasificación

Carreira Vikinga

En Carnota celebrouse a V edición da Carreira Vikinga, e un dos nosos mellores especialistas en carreiras de montaña como é Ramón Folgar foi 3º na xeral despois de percorrer uns 20 durísimos kms.

Clasificación xeral

Batalla de Cacheiras

En Cacheiras no Concello de Teo conmemorase os acontencementos sucedidos o 23 de abril de 1846 a través de unha carreira pedestre que discurre polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís.

As tropas nesta ocasión foron sustituidos por atletas populares e non tan populares como é o caso do gañador Lolo Penas, polo noso clube participaron Ramiro que foi 1º en VetC e Ricardo León.

 

Clasificación completa

XXXVIII Carreira de Pascoa en Padrón

Sar-vermú Petroni e Uxío abuín gañadores en Padrón.

Uxío Abuín Ares e Paula Mayobre gañan a carreira de Pascua en Padrón. Baixo unha estupenda mañan primaveral para a práctica do atletistismo disputosuse unha nova edición da carreira de Pascua e xa son 38, onde a distancia a recorrer eran aproximadamente 10.400 mts. Uxío chegou a meta na Praza de Macías con case un minuto de ventaxa sobre o segundo clasificado o tamén triatleta Antonio Serrat, que fora o gañador da edición do 2016, pero nesta ocasión foi o triatleta de Lestrove o primerio en cruzar a liña de meta e así convertirse o atleta con máis edicións gañadas (2017,2015,2014,2013).

O Sar-Vermú Petroni que foi o clube gañador participou con mais de 40 atletas conseguindo facer 9 podiums nas distintas categorias

En categorias escolares participaron:

 

Clasificación completa

Campionato Galego de Milla

O sábado celebrouse no Concello de O Pino,  o Campionato Galego de Milla, e o Campionato Galego de 1K en ruta para as categorias escolares, así como a Milla Popular do Concello. Estos foron os resultados dos nosos atletas:

Campionato Galego de Milla

Rocio Alvite campiona galega W35 e subcampiona absoluta

Johana Torres 3ª clasificada en W35

Elena Miguéns campiona galega en W45

Milla popular

Ramiro Pérez 9º absoluto e 4ºVetB

Evaristo Garcia 15ª absoluto e 6º VetB

Rocio Alvite 2ª absoluta e 1ª VetA

Angel Campos 16º absoluto e  7º Senior

Avelino Caamaño 20º absoluto e 1ºVet35

Campionato Galego de 1K en Ruta

Sabela Rey 12ª en Cadete

 

Clasificación completa

 

 

Gala de Atletismo 2016-2017

Na X Gala do Atletismo Galego tivemos como premiados a dous grandes atletas do Sar-Vermú Petroni como son Rocio Alvite e Jorge Crespo. Tanto Rocio como Jorge que foron premiados na categoria de veteráns M35 estan a demostrar que estan en un gran estado de forma xa que tamen foron seleccionados pola Federación Galega para participar no Campionato de Cross por autonomías, ainda que por motivos persoais Jorge non poido asistir. Noraboa campións

 

Listado de galardóns

I Trail Bisbarra do Sar

O clube Sar-Vermú Petroni, acaba de proclamarse campión por clubes no I Trail da Bisbarra do Sar, diante Athetics Lodeiro Trail e Revolutrión Trail.  Por primeira vez presentabamos equipo en esta modalidade e o fixemos en Padrón, onde xa gañamos o Carreira de 10K, e o intentaremos facer de novo na próxima carreira de Pascua que este ano cambia o circuito e a distancia.

Na carreira de hoxe goñou o gran favorito, o padrónes Lois Pachita, o noso mellor atleta foi un especialista do trail como é Ramón Folgar que foi 4º na absoluto e 1º Veterano que xunto con Calo e Ramiro 2º e 3º en Veteranos. En mulleres Johana foi 3ª.

Clasificación completa