Batalla de Cacheiras

O sábado celebrouse a carreira pedestre Batalla de Cacheiras que recuperou como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846,  a proba absoluta e andaina discorreron polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesaron as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comezou ó pé da reitoral de Bamonde onde os combatientes cambiaron as botas polas zapatillas para rematar no cumio de Montouto
O primeiro do nosos en chegar a Montouto foi no 7º posto Miguel Gomez, despois entrarian o resto da tropa no posto 22º Agapito Baamonde; 27º Diego Santos; 51º Paco Sanmarco; Elvira Tresguerras tivo que retirarse.
Na carreira sub-10, Mimi e Asnkech Garcia terminaron nos postos 67 y 71.