Un día nas carreiras das pontes
Por Fernando Sanz (O presi)
Non se escoitará ainda o vocerío dos galos anunciando o albor do domingo, cando 25 atletas do clube iniciaban os preparativos para acudir a proba máis emblemática da tempada: “O Campeonato Galego de Cross”. Era ese 3 de febreiro unha data que todos e todas tiñan destacada con letras maiúsculas no seu calendario deportivo. Algúns sentíanse cómodos participando na citada proba, outros, polo presumible estado do circuito non tanto, pero todos sabían do interese do clube por ela e por iso, a pesar dos imponderables que puderan surxir, alí estaban para competila.
A maioría integrouse na expedición colectiva e incorporouse o bus contratado polo clube, nas sucesivas paradas previstas de Noia, Bertamiráns e Culleredo, mentras que uns poucos fixeron o desprazamento polos propios medios, todos chegaron as Pontes, sede do campeonato, ca necesaria antelación.
A mañá presentabase seca pero moi fría, ainda que no ceo o sol ameazaba con ganarlle a batalla as nubes e subir un pouco a temperatura como afortunadamente sucedeu. De entre as diferentes categorías previstas, o noso clube solamente presentou atletas en duas delas, as chamadas absolutas, masculina e femenina, acadando una vez máis, resultados moi destacados, sobre todo tendo en conta a categoría dos participantes: 3er posto das mulleres coa correspondente subida ao podio, e 4ª posición dos homes nunha carreira de altísimo nivel e moi numerosa participación con 14 equipos clasificados.
As probas resultaron moi duras polo estado encharcado do circuito polo que prácticamente todos os participantes acabaron convertidos en montañas de barro. O rematar as premiacións, que por certo fixeronse con tanta premura que a maioria dos atletas masculinos non tivemos tempo de acudir a aplaudir ás rapazas na súa subida ao podio, despois como decía, atletas e acompañantes fumos a dar boa conta dunha comida de fraternidade num restaurante da localidade, e o seu remate regresamos os puntos de partida de cada quen, un pouco más cansos que a ida, pero satisfeitos polo traballo ben feito.
Resultados dos nosos e nosas atletas
Na categoria femenina que acadou o 3º posto por clubes, competiron: 24ª Silvia Mariño; 28ª Guadalupe Lodeiro; 30ª Sonia Agrasar; 35ª Vanessa Leon y 36ª Montse Pereira.
E na categoria masculino, con un meritorio 4º puesto para os chicos de un total de 15 equipos participantes. Jorge Crespo foi o mellor dos nosos atletas no posto 20, seguido de: 38º Juan Carlos Mosquera; 42º Samuel Saborido; 50º Daniel Vila; 55º Josecho Sanchez; 64º Toño Gomez; 67º Angel Maceiras; 69º Ruben Insua; 102º Manuel Oliver; 113º Alberto Alvarez; 120º Jose Manuel Lago; 126º Japi Baamonde; 132º Miguel Santomil; 134º Paco Sanmarco; 135º Fran Olveira; 136º Angel Campos; 137º Alberto Reboredo; 140º Manuel Figueira; 149º Fernando Sainz e 152º Evaristo Garcia.