NORMATIVA DO CLUB ATLETISMO SAR TEMPADA 2025
1. Na última reunión mantida pola xunta directiva do Club o pasado venres 08/11/2024, acordouse fixar uns requirimentos mínimos que debemos cumprir todos e todas atletas a partires da nova tempada 2025 para que o noso club manteña a súa boa saúde económica e deportiva.
2. A próxima tempada terá unha duración de 12 meses, empezará o 01/01/2025 e rematará o 31/12/2025.
3. A minoración dos ingresos debido a perda e minoración de algunha das subvencións solicitadas e o non conseguir unha maior cantidade de premios económicos, tanto no circuíto da Deputación como nas probas de clubs, xa non podemos sufragar totalmente o gasto das licenzas, material, etc, polo que sentindo moito non podemos asumir totalmente ditos gastos polo que vémonos obrigados a tomar certas medidas que se detallan nestas normas
4. Os novos atlet@s (a partir de sub 20) que entren a formar parte do club, o primeiro ano pagarán a contía integra da súa licenza, sea FGA ou Nacional.
5. Os/as Atlet@s que no 2024 tiveron unha baixa participación nas competicións, para renovar a súa licenza 2025 terán que abonala integramente. Os demais atlet@s non terán que abonar cantidade ningunha para renovala
6. Os /as Atlet@s interesados na licenza Nacional para a tempada 2025, mantense a mesma cuota de anos anteriores que será de 40,00€.
7. IMPORTANTE: Para quedar exento do abono da licenza territorial da FGA na tempada 2026, esixirase a
participación no 2025 dun mínimo de 8 probas, de estas 5 terán que ser carreiras con premios económicos para o club, o resto campionatos ou circuito da deputación.
8. Como indicamos o club non pode asumir o coste do 100% de material adquirido, polo que os atletas deberán asumir unha parte mediante unha cuota, que se decidirá puntualmente pola directiva
9. Aqueles que participen en mais de 15 probas puntuables no 2025 quedarán exentos do pago da cuota do material deportivo mencionada anteriormente, xa que estan asumindo estos gastos co pago das inscripcions e desprazamentos para competir.
10. Nesta tempada 2025 mercarase novos chandals e mochilas sendo a cuota a pagar 50€.
11. As cuotas licenzas e seguro para tempada 2025: (pendientes de actualizar)
Atleta senior e sub 23 Nacional: 125,18€
Atleta master Nacional: 130,81€
Atleta senior e sub 23 Autonómica 65,18€
Atleta master Autonómica: 70,81€
14. Colocación do dorsal na camiseta de competición.
Hai que prestar atención especial á hora de poñer o dorsal na camisola de competir,
procurando non tapar os logos dos patrocinadores.
Ánimo a todas e todos, que nos respecten as lesións e a desfrutar do noso deporte !!!!!