Saltar al contenido

Atletismo SAR

atletismosar@gmail.com

Menú principal
  • ATLETAS
    • Atletas 2025
    • Marcas Atletas
    • NORMATIVA TEMPADA 2025
    • Historico
    • Accidentes
  • O CLUBE
    • A DIRECTIVA
    • Historia
    • Campionatos galegos
    • Carreiras populares
    • MEMORIA ANUAL
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Videos
Multimedia

DE CROSS POLA RIA DE FERROL

adminsar febrero 14, 2019 2 min de lectura

O pasado domingo 10 de febrero celebrouse o Cross Master, término eufemístico que agora
se utiliza para denominar os deportistas que pola idade comenzamos a ser vetustos.
Esta vez tocou en Barallobre, o sur da ría de Ferrol, nun pequeno pero fermoso circuito, cas
fiestras abertas os que foron no seu tempo prósperos asteleiros de astano, construido nos
xardins do que foi Pazo Señorial dos Lago e que agora habitan centos de inocentes
estudantes tratando de aprobar a secundaria e malvados mestres intentando evitalo con
perversos exames.
Falándose dunha proba de cross, o tormento estaba asegurado: había que percorrer
durante varias voltas dous niveis chairos e secos pero separados por unha pendente que a
climatoloxia convertira o seu tránsito, para os mais puristas nun extraordinario escenario de
campo a través, pero que a maioria veíamos como un instrumento de tortura.
Si magnificos para o Clube foron os resultados do Cross das Pontes, o calificativo mais
axeitado para este de Barallobre sería o de excepcional: 8 subidas o podio, 5 individuais e 3
por equipos. E neste punto é necesario subliñar o resultado do equipo femeniño, 4 atletas =
3 medallas; ¡Oh musas, porque no me foron dadas as habilidades da lírica para cantar as
proezas de este equipo femenino que minorado polas importantes ausencias, aínda asi foi
capaz de regresar a nosas terras do Sar con 3 metais na equipaxe!.  Bronce por equipos,
prata para Helena no +45 e bronce para Lupe no +35.
Non se quedaron moi atrás os homes: prata para o equipo +45, Bronce para o +35, dous
ouros para José Leis no +55 e Fernando Sainz no +70 e Bronce para Ramiro Pereira no
+60.
As subidas o podio coa correspondente entrega de galardóns foi un espectáculo cheo de
emocións, as imaxes dos merecedores dos premios recortabanse cas das gruas e
chimeneas das vellas instalacions asteleiras e a moitos dos presentes, ademáis do pracer
do vencedor, inundabanos una especie de nostalxia polo marco hoxe testigo dun presente
decainte pero grandioso no pasado.

Resultados por clubes

Boa participacion do clube con varias medallas e o único equipo presente no podiun nas 3 categorias: 3ª clube femenino; 3º clube masculino master35/40 e 2º clube masculino master sub45.

Resultados individuais

Carreira femenina: 10º Lupe Lodeiro, 3ª master35; 14ª Silvia Mariño; 19ª Elena Miguens, 2ª master45 e 39ª Montse Pereira.

Carreira masculina master35/40: 10º Josecho San Luis; 13º Toño Gomez; 17º Daniel Vila; 20º Carlos Juanatey; 58º Javier Guimarey; 62 Japi Baamonde; 68 Avelino Caamaño e 78º Angel Campos.

Carreira masculina master 45 e superiores: 6º Jose Suarez, 1º master55; 11º Alberto Rodriguez; 12º J. Manuel Lago; 20º Carlos Busto; 47º Paco Sanmarco; 51º Ramiro Perez, 3º master60; 56º Pepe Saborido; 57º Manuel Figueira e 77º Fernando Sainz, 1º master70.

Control carreiras 2025

Facebook
Instagram

Pode ser do teu interese

IV corresan Conxo
1 min de lectura

IV corresan Conxo

junio 8, 2025
andaina San Miguel da Costa
1 min de lectura

andaina San Miguel da Costa

junio 8, 2025
VII carreira Holi Gaias
1 min de lectura

VII carreira Holi Gaias

junio 7, 2025
VIII volta as Forcadas
1 min de lectura

VIII volta as Forcadas

junio 7, 2025
Copyright © Todos los derechos reservados. | MoreNews por AF themes.