Saltar al contenido

Atletismo SAR

atletismosar@gmail.com

Menú principal
  • ATLETAS
    • Atletas 2025
    • Marcas Atletas
    • NORMATIVA TEMPADA 2025
    • Historico
    • Accidentes
  • O CLUBE
    • A DIRECTIVA
    • Historia
    • Campionatos galegos
    • Carreiras populares
    • MEMORIA ANUAL
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Videos
Multimedia

CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA

adminsar diciembre 17, 2018 3 min de lectura

CAMARIÑAS-VIMIANZO-MAZARICOS-DUMBRIA-ZAS-CEE-MUXIA-CARNOTA-CORCUBIÓN e
FISTERRA forman o CIRCUITO “CORRENDO POLA COSTA”; e un ano mais celébrase unha sinxela pero
preciosa e emotiva GALA onde non falta detalle co mundo do atletismo. Unha gala onde as autoridades dos
concellos, que son tamén as organizadoras das distintas carreiras, teñen en conta a competitividade pero
tamén a diversión, facilitando que todo tipo de persoa participe. O fomento polo atletismo: coa
organización de dúas probas abslutas, a 10K e a 3k (esta última vai adicada toda a súa recadación a
asociacións contra o cancro, ademais de facilitar a participación de toda esa xente que quere empezar a
correr); a integración de persoas con discapacidade, que fixeron un traballo de colaboración incansable e a
realización dos fermosos trofeos; a promoción do voluntariado e un apoio e pulo especial cara a muller,
dannos a todos e a todas unha lección e uns ánimos para voltar, cada ano mais visitantes e mais locais, a
participar nestas dez probas.

Hai que destacar publicamente a grande organización e o amor polo atletismo que se vive dende
a organización e que ao final vese reflexado no incremento da participación e ademais tódolos/as atletas,
somos tratados/as dunha maneira especial e cun cariño excepcional, agasallándonos cunha gala con
maiúsculas: ademais de premiar as distintas categorías, celébrase unha premiación para todos e todas que
completaron o circuito. Unha actuación musical e os ánimos e a gratificación do alcalde de Vimianzo, fixo
que nos sintamos únicos/as e cheo/as de orgullo por colaborar en dar a coñecer esar fermosa parte da nosa
terra que é a costa da morte e que ben merece visitas en tódolos aspectos.

Onte abarrotouse ás 21h un salón da Casa de Cultura de Vimianzo (aforo de 400 persoas) para ver
e recibir con aplausos aos gañadores e gañadoras e onde o CLUBE ATLETISMO SAR-PETRONI tamén quixo
formar parte e colaborar coa participación no V CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA, de moitos dos seus
atletas, incluso facendo equipos en colaboración coas mulleres da costa da morte (MCM).

Dende o clube Sar-Vermú Petroni, queremos felicitar a tódolos nosos e nosas participantes unha vez mais:
A CAROLINA GONZALEZ que participou en 7 carreiras, AMALIA MENDEZ, RAMON REY, MARIÑA E SABELA
REY e ELENA MIGUENS, que completaron 6 carreiras e, como non, debemos resaltar os resultados mais
importantes logrados polo resto dos compañeiros:

  • NATALIA e ENMA ARGIBAY: 2º alevin e infantil feminino, respectivamente.
  • ANTONIO LUACES PAZ: 2º cadete masculino
  • RUBEN INSUA DIAZ: 3º senior masculino e completando as 10 probas
  • ADRIAN ROJO LUACES: 4º senior masculino -7 probas
  • JOSE MANUEL LAGO CES: 8º master 40 e rematando 9 probas
  • JOSE SUAREZ LEIS: 1º Master 50 (7 carreiras)
  • ANGEL CAMPOS SANTIAGO: 10º na xeral de 3k e completando 7 probas
  • ROCIO ALVITE: CAMPIONA DO CIRCUITO un ano mais e campiona senior feminina en 7 probas
  • TINA FERNANDEZ, participando en 7 carreiras logra o triunfo na categoría Xeral feminina dos 3k
  • LUPE LODEIRO, con 8 participacións conseguiu o subcampionato do circuito 3k

E por último pero non menos importante, o grande logro para unha principiante nas carreiras pola
costa como é SILVIA MARIÑO REY que coa participación en 7 carreiras de 10k, consigueu o meritoso
posto de campiona da súa categoría MASTER 40.

Dende o Clube atletismo Sar-Vermú Petroni, queremos felicitarvos a todos e a todas polo esforzo e os
logros conseguidos nestas e en tódalas carreiras ao longo deste ano 2018 e quixera rematar tal e como
se rematou na V GALA “CORRENDO POLA COSTA” cun poema de Lope de Vega:

¿Quién es aquel Atleta esclarecido,

que sale de la bélica palestracon tres coronas en la mano diestra,
y el manto negro en púrpura teñido?
Si vence y triunfa, ¿cómo viene herido?
Si viene herido, ¿cómo el triunfo muestra?
Que es nueva imagen a la vista nuestra
laurel sangriento y vencedor vencido.
¡Oh solo peregrino de Verona!,
¿negras y blancas armas, sangre y palma
No muestran que es de Pedro la persona?
Si sangre, si laurel te tuvo en calma,
así reparten lo que Dios corona:
las heridas al cuerpo, el triunfo al alma.

Control carreiras 2025

Facebook
Instagram

Pode ser do teu interese

II medio maratón Entre Rias 2025
1 min de lectura

II medio maratón Entre Rias 2025

mayo 18, 2025
VI andaina do Santo Isidro, Letras Galegas
1 min de lectura

VI andaina do Santo Isidro, Letras Galegas

mayo 18, 2025
Juan Negreira gaña a XI carreira camiño das letras
1 min de lectura

Juan Negreira gaña a XI carreira camiño das letras

mayo 17, 2025
XX carreira popular Virxe da Guia
1 min de lectura

XX carreira popular Virxe da Guia

mayo 17, 2025
Copyright © Todos los derechos reservados. | MoreNews por AF themes.