Saltar al contenido

Atletismo SAR

atletismosar@gmail.com

Menú principal
  • ATLETAS
    • Atletas 2023
    • Marcas Atletas
    • NORMATIVA TEMPADA 2022
    • Historico
    • Accidentes
  • O CLUBE
    • A DIRECTIVA
    • Historia
    • Campionatos galegos
    • Carreiras populares
    • MEMORIA ANUAL
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Videos
Multimedia

Maratón de Valencia

adminsar diciembre 3, 2018 4 min de lectura

Dous homes e un destino, dous atletas e unha maratón, Pachín e Crespo en Valencia.

Os dous mellores maratorianos na actualidade do clube, os que poseen os mellores rexistros nos 42.195 metros da historia do clube,  se citaban na maratón máis rápida de España, en Valencia o domingo 2 de decembro do 2018.

Para José Manuel Vieto «Pachín» era o seu debut na distancia ainda que tiña no haber a victoria da primeira edición do aironman das Pontes e Jorge Crespo maratoriano experimentado chegaba a Valencia por 7ª vez consecutiva, e tamén como campión galego na primeira edición de Coruña 42

Pachín ven dun mes de novembro de vértigo: foi 8º no 10K de Negreira , 2º na media de Lleida en 1:08:09 e o gañador na de Tarragona con 1:09:07. pola súa parte Jorge non volvera a competir dende Negreira onde 11º.

O evento prometía, grandes atletas internacionais da distancia, pérfil chan. As 8:30 dabase o pistoletazo de saía e aparecían as primeiras imaxes en directo do que estaba a acontecer cos nosos compañeiros, nos primeiros quilómetros no grupo de cabeza das mulleres veiamos as camisolas azules de Jorge e Pachín…

So medio de descando lles demos os nosos atletas para molestalos un pouquiño e nos concederán uns minutos a este medio para coñecelos un pouco mais e saber algo sobre a preparación da maratón.

  1. Noraboa chavales dende o atletismosar.org queremos saber como chegaches a esta nova edición da maratón?

Jorge: Chegaba a esta proba despois de encadear 2 preparacións de maraton seguidas(25semans),xa que en Berlin non saiu o que buscábamos. Quizais non tan ben como cando fun o pais Xermano,pero en boa forma para intentar unha MMP.

Para Pachín (P): Era a miña primeira maratón, chegaba en forma, ainda que un pouco canso a nivel muscular xa que era a 4 competición en 4 semanas e na última notara algunha molestia que despois en carreira volveu a aparecer

2. Como foi a vosa preparación, ti Jorge mudaches algo sobre maratóns anteriores.

Jorge:  Esta preparación seguiu a tónica das outras,o único que non fixen foi doblar sesións.

3. Pachín para ti foi a primeira como a preparaches?

En canto a preparación tiven a sorte de poder preparala con Jorge Crespo e baixo as ordes de Ángel o seu adestrador  o que foron as 3 semanas máis duras da planificación. Sen dúbida  se non fose por Jorge sería imposible ir o ritmo que fun, xa que cada adestramento tiña que dar o mellor de min para poder seguilo.

4. E chegamos o dia D a hora H: a carreira como foi a cousa

Jorge: Soará a tópico, pero tiven varios imprevistos durante a mesma.O Primeiro foi que me arrancaron o dorsal e o tiven que poñer de novo correndo, segundo,caeume unha botella no avituallamento do km 25,e por último e o que mais me restou a hora de facer unha mellor marca, foi unha ferida na planta do pé esquerdo por culpa da plantilla.Tamen decir que casi toda a proba fun tirando do carro,poucos foron os que botaron unha man.

5. Pachín para tí foi a primeira maratón como te atopaches?

En carreira saímos xuntos Jorge e eu pero na proba cada un ten que xestionala según as sensacións que ten ese día, pola miña parte dende o km17 ía con problemas no xemelgo dereito que me condicionaron toda a carreira pero por sorte puiden rematar sen ter que parar a andar que era o que temía en moitos tramos da proba. Así que sabor agridulce porque non puiden dar o 100% pero ledo por poder rematala.

6. Jorge vimos na tele que nos primeiros quilometros estabades xuntos Pachín e ti no grupo de cabeza das mulleres

: Empezamos xuntos pero Pachin estaba moitisimo mellor que eu,sería un suicidio seguir a ese ritmo.Adestramos xuntos 3 semans e foron de gran axuda, xa que adestrar con alguen mellor que ti faiche mellorar a ti tamen.

Parabéns e grazas por facernos disfrutar tanto nesta maratón de Valencia

DATOS DA CARREIRA

O atleta de Santiago, Pachín  rematou no posto 45º da xeral con un tempo 2 horas 22 minutos e 39 segundos a un ritmo medio de 3:23, e o de Negreira Jorge Crespo no posto 67º da xeral con un tempo de 2 horas, 25 minutos e 37 segundos a un ritmo de 3:27. Foron 1º e 2º galegos respectivamente

Dorsal Nombre Pos. Tiempo oficial
219 VIEITO VILACOBA, JOSE MANUEL 45 2:22:39
181 CRESPO ARIAS, JORGE 67 2:25:37

 

PACHIN JORGE
5K 0:16:55 0:16:55
10K 0:33:28 0:33:58
15K 0:50:23 0:51:07
Half 1:10:53 1:12:04
25K 1:23:59 1:25:44
30K 1:41:02 1:43:14
35K 1:58:36 2:00:41
40K 2:15:34 2:18:03
EQUIPACIÓNS

Pode ser do teu interese

Carreira de Ordes
1 min de lectura

Carreira de Ordes

septiembre 12, 2023
Nocturna de Noia
1 min de lectura

Nocturna de Noia

septiembre 6, 2023
Carreira de Pobra do Caramiñal
1 min de lectura

Carreira de Pobra do Caramiñal

agosto 30, 2023
II Carreira Popular Festa das Dores
1 min de lectura

II Carreira Popular Festa das Dores

agosto 30, 2023
Copyright © Todos los derechos reservados. | MoreNews por AF themes.