Regulamento Interno

NORMATIVA DO CLUBE ATLETISMO SAR TEMPADA 2020

Na última reunión mantida pola xunta directiva o dia 14/12/2019,  acordouse fixar uns requisitos mínimos que debemos cumprir para que o noso club siga  mantendo unha boa saúde.

  1. A próxima tempada terá unha duración de un ano completo, ou sea 12 meses, empezará o 01/01/2020 e rematará o 31/12/2020.

  1. Os novos atlet@s (a partir de sub 20) que entren a formar parte do club, o primeiro ano pagarán a cuantía da súa licenza. O club afrontará os demais gastos.

  1. Na nova tempada, para quedar exento do abono da licenza,  esixirase a participación dun mínimo de probas. Esta tempada os atlet@s terán que participar en 12 competicións de club. De estas, 6 terán que ser carreiras con premios económicos para os clubs.

    Puntúan como probas de clubs:

Con premios económicos: Pontecesures, Padrón 10, Pascua, Santa Comba, Frades,  O Pino, Silleda, Ordes, Media Gran Camiño, Leiro, Moraña, Noia, Arzua, Bertamiráns e Negreira.

Campionatos Galegos:  cross curto, cross longo, cross veteráns, pista cuberta, pista aire libre,  milla, 5k ruta, 10k  ruta, medio maratón, maratón, probas de marcha e galego de montaña, (resumindo, todos os campionatos onde se represente o club)

Circuíto da Deputación de A Coruña: Oroso, O Pino, Mazaricos, Culleredo, Dumbria, San Sadurniño,  Zas, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, Laracha, Curtis, Ares, A Pobra, Cambre, Ferrol, Carnota, Noia, Corcubion, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto do Son.

Estas probas son orientativas, pois poderá variar algunha en cada tempada.

  1. Non puntuarán a partir da nova tempada, todas as probas que non entren nestes circuitos, atlet@s que non respecten a equipación de competir oficial, atletas que non poñan ben o nome do club (ATLETISMO SAR-VERMU PETRONI) e probas de 3k que non son puntuables para o circuito da diputacion.
  1.  Os Atlet@s que fagan a licenza  nacional, mantense a mesma cantidade a pagar por cada un que a solicite (40,00€) , sempre que se faga dentro dos plazos marcados por a RFEA, (nesta tempada antes do 13/12/2019). Si se cambia empezada a tempada o atlet@ asumirá a diferencia da cuantía total,  mais o recargo correspondente.
  1. Cuotas das licenzas próxima tempada 2020: 

Atleta master Nacional: 120,81€

Atleta senior  Nacional: 115,18€

Atleta sub-23 Nacional:  105,18€

Atleta master  Galega: 67,81€

Atleta senior  Galega: 62,18€

Atleta sub-23    Galega: 52,18€

Atleta sub-20/sub-18  39,53€

Atleta sub-16/sub-14  15,00€

Atleta sub-12/sub-10/sub-8  12,00€

  1. Por favor, prestade unha atención especial  á hora de poñer o dorsal na camisola de competir e non tapar aos patrocinadores, e moi  importante respectalos.

Ánimo a todos e todas, que nos respecten as lesións e a desfrutar do noso deporte !!!!!